Sección Nacional

Os Órganos reitores da Sección son:
Asemblea Nacional ou Xeral é o órgano supremo da Asociación, nela atópanse todos os Órganos de representación que compoñen a Sección Nacional. Os representantes dos asociados, reunidos en Asemblea Nacional legalmente constituída, deciden por maioría os asuntos propios da competencia da Asemblea.
A súa composición é:
Xunta da Sección Nacional.
• Un representante de cada Comunidade Autónoma, (forma parte do Comité Executivo Nacional).
• Un Delegado por cada 150 socios ou fracción superior ao cincuenta por cento (50%) dunha Comunidade Autónoma.
Comité Executivo Nacional (C.E.N.), que é o órgano de goberno entre Asembleas.
Xunta da Sección Nacional, formada por:
• Presidente
• 1º Vicepresidente
• 2º Vicepresidente
• 3º Vicepresidente
• Secretario Nacional
• Vicesecretario
• Tesoureiro Nacional
• Vicetesoureiro