Obxectivos e fins da asociación

Entre os obxectivos da I.P.A. atópanse:

• Agrupar ao persoal da policía en situación de activo ou xubilado para reforzar os sentimentos de amizade, cooperación e axuda.

• Favorecer os encontros persoais a través do intercambio de persoas, comunicación, correspondencia e colección de obxectos policiais.

• Desarrollar actividades culturais que promovan o intercambio de experiencias e coñecementos profesionais.

• Promover o respecto á Lei e ao Orde.

• Alentar e estimular a preparación e capacitación profesional para mellorar o servizo da Policía.

• Facilitar un intercambio regular de publicacións entre Seccións Nacionais e proporcionar un servizo de información para as publicacións nacionais de IPA que conteñan novas sobre calquera asunto de relevancia para a Asociación.

• Promover os intercambios e encontros Nacionais e Internacionais de asociados para reforzar o espírito de tolerancia e o entendemento entre as persoas.

A I.P.A. tamén se compromete a facer seus os principios enunciados na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, proclamada en 1948 polas Nacións Unidas (O.N.U.), coa finalidade de reforzar as relacións culturais, os coñecementos xerais e o intercambio de experiencias profesionais entre os seus membros.

Formularios de Viaxe Internacionales

Os Formularios de Viaxe Internacionales (TravelForm) intercámbianse entre as Seccións para os membros ou grupos de membros que desexan obter información, poñerse en contacto con outros membros ou, en ocasións, aloxamento durante os seus viaxes ao estranxeiro.

Semanas da Amizade, Competicións Deportivas e Aniversarios

Regularmente organízanse Semanas de Amizade, Competicions Deportivas e Aniversarios con connotacións sociais e culturais tanto a nivel nacional como internacional.

Bolsas de intercambio ou estudos profesionais ou viaxes

Moitas Seccións promocionan o Intercambio / Estudo Profesional ou as Bolsas de Viaxe dispoñibles, ás veces, para aqueles interesados en realizar intercambios profesionais.

Grupos de hobby

Os Grupos de Aficións, que varían de Sección a Sección, permiten aos membros compartir os seus intereses con persoas afíns. Por poñer un exemplo dalgunhas das actividades que desfrutan os membros, podemos nomear os grupos de radioaficionados, entusiastas da informática, golfistas, xenalogistas ou afeccionados ás carreiras de karts.

Familias Membros

Familias dos membros: A Asociación dá a benvida e favorece a integración de esposas, parellas e fillos. As actividades sociais realízanse a escala local (regional) para establecer e manter vínculos de amizade e camaradería.

Casas IPA

Establecéronse Casas IPA en varios países para o goce dos membros e das súas familias. Para recibir información completa e datos de contacto, visite a nosa páxina de Casas IPA en https://www.ipa-international.org/IPA-Houses ou póñase en contacto coa súa Sección Nacional.

Castelo de Gimborn

O Castelo de Gimborn alberga o Centro de Educación e Información da IPA e é amplamente coñecido como o buque insignia da Asociación, onde se celebran numerosos seminarios, conferencias e reunións. Pode obter información adicional acerca dos seminarios celebrados visitando o enlace: https://www.ibz-gimborn.de.

Programa Internacional de Intercambio Xuvenil

O Programa Internacional de Intercambio de Xóvenes en vacacións consiste no intercambio ou acollida de fillos e fillas de membros da IPA. Permite aos mozos experimentar outra cultura e ter a oportunidade de fomentar a súa educación e bagaxe cultural nun círculo familiar seguro. Siga o enlace: https://www.ipa-international.org/Young-Police-Officers-Seminar para obter máis información.

Encontros Internacionais de Xuventude

As Reunións Xuvenís Internacionais celébranse anualmente en diferentes Seccións, que acollen a grupos de 50 xoves participantes de entre 15 e 17 anos. Os fillos e fillas dos membros gozarán de actividades temáticas especiais que fomentan o “espírito internacional”.

Pode obter máis información no seguinte enlace: https://www.ipa-international.org/International-Youth-Gatherings.

A maioría das Seccións publican diarios nacionais, revistas ou boletíns de noticias, que se distribúen entre os seus membros, con información e artigos sobre as actividades da IPA.

O Centro Administrativo Internacional (IAC) publica un boletín de noticias mensual para todas as Seccións Nacionais. Neste sitio de Internet pódense consultar varios artigos do boletín de noticias na páxina de https://www.ipa-international.org/News.